Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno ... ) incluída a asociación de veciños ribadense (ou sexa, de Ribadeo :-) ), ecoloxismo, ensino, física, xadrez, ...

20061119

Manuel Rivas, as Pontes, medio ambiente...

Manuel Rivas non deixa de sorprenderme, xa case é algo así como a corrección da incorrección. Unha cita dunha entrevista que lle fixeron e que aparece hoxe no El País (para promocionar un novo libro), a conta dos incendios en Galicia (a cita) no verán pasado e as súas causas: 'Si son mafias, a súa primeira consigna é sempre que a mafia non existe'. Eso aparece no semanal. No diario aparece a planta de Endesa en As Pontes como a maior contaminante de Europa. E lembro que o é dende hai décadas. E quedo ledo pola nova: non polo que significa, senón porque se lembre e a ver se algún día deixa de ser a capeona. E lembro un amigo que leva dicíndoo tanto tempo case como o que leva tendo uso de razón. E outro que participou na construcción da cheminea, colgado no andamio, e hoxe pode facer algo polo medio ambiente. A eles tamén lles chegará esta entrada.

Etiquetas: ,

Crea unha ligazón a esta entrada ou vai á páxina desta entrada soa premendo onde pon na liña anterior "ligazón permanente"

Liga con esta entrada:

<\$BlogItemBacklinkCreate\$>

 
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons 3.0 (recoñecemento, non comercial, compartir baixo a mesma licenza (a excepción de fotos incluídas en artigos escaneados, que non son miñas); facer clic para unha explicación complemenaria).

Para comunicar co autor: deixar un comentario especificando que non é para entrada, senón para comunicación, indicando o tema e un enderezo electrónico para o contacto.