20060810

Normativa básica

Sobre o comportamento nun estado democrático para que o siga a ser, foi a 'introspección' que fixen antonte cando se me deu o caso seguinte: unha persoa (perdoade, pero non quero dar moitos datos por eso da intimidade das eprsoas...) falou co sr. alcalde para que lle solucionara un problema. O alcalde prometeulle mirar a gravidade do problema. Esto foi luns. Mércores, atopáronse de novo e o alcalde minimizouo problema. A continuación, pónse en contacto coa asoc. de veciños e o caso chega a min, nos seguintes termos: quere que nos impliquemos no problema, e tras estudalo, farémolo. Pero... a persoa non quería denunciar a ninguén, nin enfrontarse a ninguén... e como quere solucionar o problema, pónse en contacto coa asociación de veciños, sin ser socia, e claro, parece que no pobo hai un 'querellador oficial', polo que...
Coido que, independentemente das particularidades do caso, hai un camiño a seguir moi diferente: comeza intentando solucionalo un, vai poñendo os medios, e logo vai procurando axuda, e así sucesivamente. En fin, pareceume interesante facer unha breve referencia, para amosar a mentalidade que non se debe ter, e que é ampliamente maioritaria en Ribadeo para asuntos relacionados en sentido amplo, 'coa autoridade'.
Mentras, unha editorial de Le Monde: "Les Espagnols construisent au détriment de l'environnement" (Os españois contrúen en detrimento do entorno). Falarán de Ribadeo?

1 comentario:

Fer Trombón dixo...

nadar e gardar a roupa e o que quixeran moitos en ribadeo, eu teño casos moi preto mais lembra o que dicia dante dos que nunca tomaban partido... non se pode ter contento a todo o mundo e un remata facendo o que debe facer... non hai mellor autoridade que un mesmo porque cadaquen so se para sobor dos seus propios pes... hai diferencia entre ser unha autoridade e exercer autoridade... recomendovos o libro de erich fromm "o medo a liberdade"