20060819

In / out (en Foz, Ribadeo ou calquera outra parte)




As tres imaxes de hoxe van de dentro a fóra: un ordenador tuneado, o aspecto xeral da party de Foz e unha imaxe tomada do exterior ó que se asoman de cando en vez os de dentro...
1. Algo que non se fixo polo momento en Ribadeo aínda que sei que se tivo pensado facer.
2. A diferencia entre o 'mundo interno' e o 'mundo externo', para pensar en dúas cousas: as diferencias e as conexións, ambas necesarias para que o mundo progrese dun xeito equilibrado e sen rechinar...
3. Sempre hai un grao de aceptación maior ou menor por unha ou outra opción disponible. Cal elixes? Por que? Naturalmente, o caso das fotos é algo que se plantexa moi pouca xente, pero hai mogollón de casos na vida de cada quen.
4. A foto do ordenador tuneado fai pensar en graos: nunha party como a de Foz (das ben pequenas, das que están nacendo) xa se poden distinguir moitos graos de implicación e de ideas, dende a xente que vai a 'baixar cousas de internet' ós que van xogar, hai graos e graos, ou os que van amosar o seu ordenador, do que están orgullosos/as (as mulleres pouco a pouco van meténdose en todos os mundos)...
5. A foto do exterior a min dame calma, pero tamén o interor pode causar outras sensacións benéficas / aproveitables... é dicir, todo ten unha cara positiva, e se se lle atopa, a vida pode enfocarse mellor, aínda dende as posicións aparentemente máis descarnadas.
En fin, máis consideracións se poden facer, dese feito e de calquera outro, como a recuperación da terra queimada (prevista para un mínimo de 5 anos, en boas circunstancias) ou a instalación dunha piscifactoría en Ribadeo (si, a nova, a da filial de Pescanova, da que teño ganas de botarlle unha ollada cando poda ós plans que teño entendido non son moi aló no coidado do medio ambiente, por exemplo)

1 comentario:

Anónimo dixo...

Gracias por nomearnos no teu blog, penso que a xente ten que ter liberdade para poder elexir e co cual presentarselle outras alternativas de ocio, a PartyFoz pudose asistir e disfrutar de :
1-Xogar o PC.
2-Xogar a PS2.
3-Ir a un concerto.
4-Aprender algo de GNU/linux.
5-Descargar música, peliculas...
6-Comer algo por ai a 6 €.
7-Ir a plaia tomar un descanso
8-Votar unhos futbolíns.
9-Salir de marcha e disfrutar do 2x1
......

Esperamos vernos en PartyFoz 2007...