20060628

Selectividade. En Ribadeo e en Alemania

Dos corenta e nove estudantes presentados polos centrso de ensino de ribadeo á selectividade, só dous suspenderon, un en cada un dos IES. Do bacharelato tecnolóxico, ningún, aprobando a selectividade (contando as probas de aceso e as notas do bacharelato) cunha media próxima a 7, o que non está nada mal.
Outra selectividade foi suspendida, esta volta pola selección española de fútbol. Seguín o partido a distancia, non pola tele, senón polo son que me chegaba dos televidentes dun local próximo, e souben puntualmente (sen poñer moita atención) que todo estaba perdido no partido. Deume tempo a pensar tranquilamente na relación entre a xente e a psicoloxía, ou no estudo feito en dous libriños de título un máis coñecido que outro, pero ambos ilustrativos: 'La rebelión de las masas' e 'Masa y poder', así como naquelo máis antigo de 'panem et circenses'. Debe notarse que non son moi afeizoado ó deporte rei.
Non sei se no extremo oposto, chámame hoxe a atención unha nova de El País: Stephen Hawking, físico afectado por unha enfermidade dexenerativa, escoitado atentamente por un numeroso congreso en China, ó que se tivo que dirixir polo seu métodeo habitual: o movemento de párpados interpretado por un ordenador, o único que lle é posible debido á enfermidade. Voluntade. Coido que se chama así. E exemplo. Tamén así.

Ningún comentario: