20060629

A salto de mata

Só nun momento, hoxe escoitei que Ribadeo non daba atopado socorristas. Polo que parece a cousa está non na nova, senón na súa causa: teño entendido que ós socorristas en Ribadeo funcionan menos tempo que en Asturias e págaselles menos por mes. Se eso é certo, a consecuencia é lóxica. Ou non?
Ata sábado (supoño)

20060628

Selectividade. En Ribadeo e en Alemania

Dos corenta e nove estudantes presentados polos centrso de ensino de ribadeo á selectividade, só dous suspenderon, un en cada un dos IES. Do bacharelato tecnolóxico, ningún, aprobando a selectividade (contando as probas de aceso e as notas do bacharelato) cunha media próxima a 7, o que non está nada mal.
Outra selectividade foi suspendida, esta volta pola selección española de fútbol. Seguín o partido a distancia, non pola tele, senón polo son que me chegaba dos televidentes dun local próximo, e souben puntualmente (sen poñer moita atención) que todo estaba perdido no partido. Deume tempo a pensar tranquilamente na relación entre a xente e a psicoloxía, ou no estudo feito en dous libriños de título un máis coñecido que outro, pero ambos ilustrativos: 'La rebelión de las masas' e 'Masa y poder', así como naquelo máis antigo de 'panem et circenses'. Debe notarse que non son moi afeizoado ó deporte rei.
Non sei se no extremo oposto, chámame hoxe a atención unha nova de El País: Stephen Hawking, físico afectado por unha enfermidade dexenerativa, escoitado atentamente por un numeroso congreso en China, ó que se tivo que dirixir polo seu métodeo habitual: o movemento de párpados interpretado por un ordenador, o único que lle é posible debido á enfermidade. Voluntade. Coido que se chama así. E exemplo. Tamén así.

20060627

Un aviso: sábado, presentación de libro en Ribadeo

Parece que a nova hoxe é que Ribadeo non ten bandeira azul para as súas praias. É unha nova ben vella. Nembargantes, á noite houbo unha asamblea da Asoc. Puente de los Santos (Por que non se chamaría ría de Ribadeo...?) na que se presentaron as actuacións durante o último ano. Considero que dita asociación, xestora dos cartos do Leader, foi infrausada. A culpa témola todos por non esixir, e coido que xa deberamos comezar a chorar polo montón de cartos que se foron moitas veces en cousas inadecuadas ou sobrevaloradas para o desenvolvemento da zona, que era o que se procuraba. Claro que, agora que lembro, na última asamblea que se fixo pedíuselle a un periodista que abandoara a sala, co que non é de estranar que non fora cuberto pola prensa. Entendámonos: a prensa moitas veces azuza ou mal interpreta, pero de aí a que non se lle deixe cubrir unha información, coido que vai abondo. E, por poñer uns casos, Bush non quixo a prensa 'non oficial' cando invadiu Iraq (aínda podemos lembrar o caso de Couso), e cando se reúne o Banco Mndial, tampouco admite prensa nada máis que na rolda de prensa correspondente, a posteriori. En contra, as institucións democráticas, si a admiten: A ONU, por exemplo, e eso que a democracia alí vése coartada polo peso político-economico dos socios.
En fin, os pícaros saharahuis chegaron, esperemos que o pasen ben. E Ribadeo terá unha pequena biblioteca en pediatría do centro de saúde, que no nestá nada mal que os pícaros lean.
Esquecíaseme. Aí vai tamén unha convocatoria para sábado:

Convocatoria de O Tesón

Presentación de libro


“Ribadeo no tempo, a través das imaxes

(outro Ribadeo foi posible)”


Pola presente, convócase ós medios á presentación do libro “Ribadeo no tempo, a través da imaxes (outro Ribadeo foi posible)” que terá lugar en Ribadeo, no altillo do Cantón Bar, o sábado 1 de xullo á 12 da mañá.

O libro está editado pola asociación de veciños O Tesón de Ribadeo e realizado por membros da mesma, como un agasallo ós socios da asociación e a Ribadeo e a súa historia.

A presentación consistirá nun pequeno acto no que participarán os autores. Os socios están asemade invitados, e repartiranse exemplares ós socios que asistan.



Ficha do libro:

Título: Ribadeo no tempo, a través das imaxes
Subtítulo: outro Ribadeo foi posible
Autores texto: A. Gregorio, G. Suárez e J.M. Rodríguez
Ilustracións: Foto Pérez
Edita: AAVV O Tesón, Aptdo. 92 - Ribadeo
Páx.: 40
D.L.: LU-281-2006
ISBN: 84-6110861-2

20060626

Algunhas cousiñas

Lourenço (director da Escola de Música á que eu sempre chamo 'Hernán Naval') e Mari Luz (encargada do ramo no concello) poden estar de noraboa: fixeron ganar ó Concello no xulgado por unha volta, a conto da reclamación dun profesor de música en relación co sistema de contratación. Xa vai sendo raro que o concello gane no xulgado, pero eso non é de estrañar tal como fai moitas cousas. Neste caso, o xuíz dictaminou que o estaba a facer de xeito correcto. Sigo a manter que se o alcalde tivera que pagar a defensa, aínda que só fora cando perde, ou 'o ataque' cando mete en pleitos a outra xente e non gana, outro galo cantaría, habería abondo menos pleitos, e solucionaríanse moitos máis problemas. Despois de todo, o soldo do alcalde pode permitir certas alegrías.
Onte foron nova tamén as inversións no centro de día e hospital asilo: 120000€ en total dan para facer unhas cantas cousas se se estiran, e noutros casos nin se ven.
E hoxe, a procura de bandeiras azuis ... bo, Ribadeo non tiña. E a chegada de pícaros saharauis, que sempre ten algo especial, pensando que aquí se van redimir ou algo así. Eu o que espero é que o pasen ben, e que rediman a algunha xente de por aquí.
Onte nos xornais no saiu a nota de prensa de O Tesón que colguei onte mesmo. Hoxe fixo que tampouco o fai. A ver mañá. O caso é que eses 'estudos' e demáis que se di foron pedidos para a innecesaria aclaración do nome da róia de Ribadeo polo pronto non se deixan ver, e a situación da ría e o seu nome segue a empeorar día a día. Aí está sen máis a nova da morte dun veciño no paraxe das Carraias, que a Voz pon como 'entrada ó porto de Ribadeo', eufemismo de ría de Ribadeo, nome empregado no Progreso.

20060625

Dúas notas de prensa

Hoxe só adxunto dúas notas de prensa ben dispares. Unha, a que aparece máis abaixo, sobre o ruído en Vigo, a modo de testemuña noutro sitio sobre un tema do que escribo con frecuencia. Outra, a que aparece mesmo a continuación, de O Tesón, a asociación de veciños ribadense sobre o nome da ría de Ribadeo, chega máis preto de nós.
--
Nota de prensa
O Tesón

A asociación de veciños O Tesón, despois de ter apoiado de calquera iniciativa institucional ou social que puidera xurdir a favor do uso do nome de 'ría de Ribadeo', e en vista de que continúa o intento de variar a oficialidade desta denominación, facemos público novamente o noso apoio ó coidado e conservación da ría de Ribadeo e á súa propia denominación.
Con esta idea, instamos a potenciación do uso da denominación 'ría de Ribadeo' polo concello, institucións, asociacións, veciños e empresas, tanto con iniciativas positivas de utilización e difusión do nome como polo rexeitamento do uso de outras denominacións en escritos oficiais, solicitudes e documentos en xeral.
Como posibles ideas nese sentido, a máis das xa realizadas e que deben ser relanzadas, está a súa utilización na cartelería propia de sinalización de lugares relacionados coa ría, de xeito que o nome de ría de Ribadeo quede asociado a eles. Podería podería ser o caso dos miradores, como “Mirador de San Miguel. Ría de Ribadeo”. Do mesmo xeito, a potenciación desexada pode incluír a denominación como 'ría de Ribadeo' de algún edificio de uso público, como un polideportivo municipal, ou a animación a novas empresas (como algún dos novos hostais ou hoteis) e colectivos de inclusión do nome de 'ría de Ribadeo' na súa propia denominación.
En certo xeito, trátase de enmendar decisións que, dende a perspectiva actual, parecen ter sido feitas con pouca visión, como a do nome da 'Casa da Ría', curto e manexable, pero que de pouco serve para a súa ubicación xeográfica.
Somos conscientes que boa parte do esforzo polo mantemento do nome da ría inclúe aspectos políticos. Pero tamén o somos de que hai que procurar non só ter a historia detrás, senón asemade o futuro. E o futuro debe pasar por asociar o nome de 'ría de Ribadeo', un lugar que asociamos tanto a nós que a chamamos sinxelamente Ría (aí está a 'Casa da Ría'), á nosa vida diaria e a outras realidades que apoien o seu uso, conservación e coñecemento.
--
AVCOR - Asociación viguesa contra o ruído
Comunicado 2/2006 , Xuño / 2006

UN NEGOCIO POR RIBA DO OCIO.-

Un numeroso grupo de veciños desta cidade, uns individualmente, de xeito colectivo outros, presentaron unha alegación ao PXOM en trámite para que por éste se contemplase a incompatibilidade dos usos residenciais cos usos industriais correspondentes ao sector dos pub e discotecas: en concreto, tratábase de que, con fundamento na vixente lexislación, nos baixos dos edificios de vivendas e nos edificios beirantes aos de vivendas, non puderan instalarse os devanditos negocios.

Na base da alegación está a evolución da distribución dos espazos urbanos en relación a ubicación de certas actividades que poideran interferir no normal e pacífico desenvolvemento da vida cotiá da veciñanza. Este proceso evolutivo enténdese ben cuns sinxelos exemplos: se nun tempo as touradas se celebraban nas Prazas Maiores, chegado un período (século XIX), constrúense os cosos taurinos nas aforas para permiteren aos veciños que o quixeran, poderen permanecer alleos ao espectáculo; o mesmo pasou coas actividades deportivas e coas feiras: o desprazamento do centro da urbe ao extrarradio foi continuado; o que tamén sucedeu coas actividades industriais e certos negocios ou servizos, desprazados dos cascos urbanos a polígonos, cidades tecnolóxicas, nós de comunicacións, grandes superficies comerciais, centros de distribución… Proceso que tamén comenza a afectar, finalmente, á chamada industria do ocio (discotecas, parques temáticos, zonas específicas de copas en polígonos industriais en decadencia ou abandonados…).

Cando nos atopamos fronte a establecementos que desenvolven unha actividade danosa para a veciñanza (así, a violencia acústica que ten a súa orixe en pubs, bares con música e discotecas), no medio de zonas de vivendas, a primeira solución que aplica o sentido común é a de pensar alonxalos das zonas habitadas o mais pronto posíble. Por iso, calquer postura retardataria deste proceso resulta fondamente retrógada e cabe preguntarse lícitamente qué intereses pode haber tras unha actitude tan fondamente insolidaria e contra o natural proceso evolutivo da convivencia social.

Ben, pois na reunión do goberno municipal do pasado día 11 de maio, a devandita alegación, foi rexeitada polo grupo de goberno municipal -PP- co apoio do grupo municipal do BNG.

Chama a atención a base da argumentación do voceiro do goberno municipal, Sr. Figueroa, para tal rexeitamento: 45.000 clientes semanais “xustifican” que haxa pubs en edificios de vivendas. O Sr. Figueroa, Concelleiro de Urbanismo, tería que saber do drama de moitisimos veciños da cidade -e das súas familias-, que se ven na obriga de ter que abandonar os seus fogares as fins de semana (outros están sometidos a tratamento psicolóxico, incluso con fármacos, a causa diso). Estes veciños non poden disfrutaren do seu ocio (por exemplo, descansando), porque para o Sr. Figueroa o ocio resultaría ser un negocio. A insólita explicación do Sr. Figueroa merece un comentario (non paga a pena falar da vacuidade argumental da xustificación invocada polo seu compañeiro de Corporación o Sr. Vieitez).

Sen necesidade de engadir mais, o argumento resulta estarrecente: os pubs moven 45 mil clientes semanais. Non cita a fonte ¿de onde saca o dado? (por certo ¿os impostos que pagan son consontes a tal volume de negocio? ¿disfrutan os seus traballadores de seguros sociais, contratos estables, salarios dignos, condicións de traballo saudables?).

Pero aceptémolo dado coma hipótese. Os tales clientes, serían xentes que, dócilmente, semana tras semana, adicanse ao ritual de arruinaren a súa saúde entramentras enchen os petos dos donos dos ditos establecementos (e, probablemente, algún peto mais do entorno). Os efectos directos deses hábitos son coñecidos: alcoholismo; problemas auditivos polo altísimo volume da música neses locais; tráfico e consumo das mais diversas sustancias psicotrópicas de ultimísima xeración e sen control sanitario ningún...

Respeitando o dereito de todo cidadan á facer no seu tempo libre o que lle pete (sen interferir na liberdade dos demais), cabe reflexionar se a Administración debe protexer esas formas de emprego do ocio. Máxime cando está en xogo o respeito aos dereitos daqueles que sofren as súas consecuencias; ou a saúde das novas xeracións.

Por outra parte semella que os Srs. Concelleiros que votaron contra da alegación non entenden o cerne do problema das víctimas das agresións ocasionadas por aqueles que actúan coma maltratadores acústicos dende os locais e pubs que rexentan. Ben, pois trátase dunha clara violación dos dereitos humanos mais elementais: dereito á intimidade persoal, dereito á integridade física e moral. Neste sentido, as sentenzas do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, do Tribunal Constitucional e das diversas instancias xudiciais, forman un corpo de doutrina consolidado. Se os políticos non son os primeiros en reaccionar ante as agresións que sofren os cidadans, preguntámonos para que están ¿como son capaces de obrigar ás víctimas a prantexar longos e carísimos pleitos para se defenderen, cando na súa man está o artellar os medios de protección mais eficaces?

En fin, ante tan gravísimas agresións, esgrimese o argumento da facturación: os pubs son negocio. Non se comprende que fronte as violacións dos dereitos humanos ceden todos os demais dereitos, incluída a liberdade de empresa. Dende o Concello semella non entenderse que o pobo vigués (nin pobo ningún) non pode desexar o establecemento de negocios nos que o prezo a pagar sexa o alto prezo das agresións acústicas á veciñanza.

20060624

Ribadeando, 10000 e medrando

Onte superáronse as 10000 visitas a Ribadeando. E seguimos. É natural, despois dun ano, que unhas entradas teñan un interese moio máis pequeno que o de outras, o mesmo que tamén é natural que despois de cáseque trescentas entradas a un ritmo aproximadamente diario, se dispoña xa dunha base de dados non desprezable, visitantes asiduos e tamén outra xente que non está de acordo co que se escribe.
E tamén, problemas de tipo técnico. Así, nestes momentos, hai problemas cos comentarios (hai xente que non pode abrir a fiestra para facelos, por exemplo) e teño algún outro coa plantilla, e sen tempo apra poñerme de xeito serio a que todo funcione de xeito adecuado.
Tamén hai temas por tratar, que van quedando adiados: non me esquezo, por exemplo, do último, o pasado fin de semana, a raíz dun comentario o alcalde en plan 'didáctico' a unha actuación de Valín... vou facendo as cousas cando teño tempo, e eso non abonda.
En canto ó comentario de hoxe, os 21M€ (millóns de euros) de facturación dos Irmandiños é unha esperanza para o concello no sentido de que empresas nadas aquí poden converterse con tesón non só nunha iniciaiva de tamaño, senón tamén nunha iniciativa rendible económica e socialmente.
Tamén é motivo de esperanza o que poda xurdir unha iniciativa veciñal que plante cara ós partidos políticos (en Lugo) visto dende a perspeciva de que cando os partidos non representan os intereses dos veciños, os veciños poden ser capaces de organizarse e tomar eles as riendas da política local. En Ribadeo? Por que non? Claro que non é cousa de dicir 'adiante!' sen ter as cousas ben tratadas e calculadas: o que pasou en Nigrán coa interrupción dun pleno por cuestións urbanísticas posiblemente non fora posible se non houbera un grupo de independentes no concello, que de xeito político contribuíron a acción.
Tamén hai unha chamada en prol do parque de bombeiros, que xa está ben do abandono do tema. Posiblemente tamén neste caso se houbera algúns grupos de independentes en varios concellos, xa estivera solucionado. Claro que o mesmo se pode dicir de outros temas, e así posiblemente (e seguimos no reino das posibilidades, que tamén poden ser malas) de haber independentes non tería a piscifactoría de Meirengos acumulado uns cantos casos no TSXG.
E así, seguimos camiño das 300 entradas e as 20000 visitas...

20060623

O tráfico (e o aparcamento) en Ribadeo

Oficialmente, o verán ocupa de anteonte en diante, sendo o mércores pasado, día 21, o día máis longo do ano. Por cousa do calendario, ese día no que se deberan celebrar as fogueiras pola tradición, vai un par de datas descolocado en relación á celebración, que será hoxe, da 'noite máis curta do ano', que non o é. Siguen as dificultades para clebrar as fogueiras, despois de ter aí atrás unha morea de incendios.
Pero oxe non vai de incendios, senón de verán: no verán aumenta o tráfico e diminú o aparcamento en Ribadeo. e o día máis longo do ano por esta volta celebrouse un pequeno ritual, comezando os problemas cíclicos tamén, incrementados no verán, do aparcamento e tráfico. Problemas que este ano increméntanse polas queixas fronte ós poucos aparcamentos par minusválidos ou o aparcamento nas rúas 'humanizadas', teóricamente prohibidas para aparcamento e trsego decoches alleos ós habitantes e negocios alí instalados. Que será cando chegue xullo?
Causa tamén un pouco de inquedanza a resposta no periódico do tenente de alcalde en ausencia do alcalde no sentido de que desas cousas se ocupaba o outro. Debe ser certo, pero o xefe neses momentos era el, e ou a redacción do periodista non foi moi afortunada ou presáxiase de novo unha tormenta política no horizonte, pois hai outro tema que tamén leva o alcalde e do que si falou o tenente: o permiso de obra dun edificio na Avda. Rosalía de Castro, onde está o aparcamento provisional, está pendente de patrimonio, segundo parece por estar a menos de 100m de San Roque. Tal parece que o constructor quixera edificar a unha altura que se vira dende a capela. A construcción en Ribadeo promete ser fonte de novas cara o verán. Por certo que a construcción de todo tipo, pois na ponte, xa comenzada, sigo sen ter claro como van cruzar os peóns, por exemplo.

20060622

EMAS documentos para Ribadeo

Onte fóille concedido un novo título a Ribadeo na área de medio ambiente (o "EMAS"), sostenibilidade e limpeza (polo menos). O malo é que os documentos serven para ensinar, pero non para vivir, e se non se xestionan com é debido, emporcan máis que limpan. Certo que Ribadeo está máis limpo que outras vilas, pero de aí a ser a primeira en conseguir un documento dese tipo no noroeste (léase Galicia) vai un cacho non desprezable. En fin, outro papel para lucir, mentras non se luce a xestión correspondente. Ás veces parece que deran eses papeis no supermercado, aínda que non caera o da bandeira azul por dous anos.
Sobre o da bandeira, estará xa enviado á UE o documento de queixa?
Con ou sen documento e/ou bandeira, a próxima volta que tires un papel, que sexa na papeleira!

20060621

Salto calitativo

Todos en Ribadeo sabemos que as cartas e artigos na 'Comarca' poden ter unha carga importante de crítica destructiva, e ata xa parece que a xente se vai axeitando a elo. Nembargantes, hoxe parece que se consumou un salto calitativo ó aparecer unha carta na Voz de Galicia que é calcadiña ás que poden aparecer calquera fin de semana no semanario. Non importa o tema, senón o que significa: un enrarecemento maior no enfrontamento público e entre o substato social en Ribadeo. E ademáis, pervive unha vella tradición na comarca: o de asinar de xeito que sexa irrecoñecible a persoa, tirando a pedra e escondendo a man. O que indica, en principio, un temor, covardía ou non, a parte.
De enfrontamentos, en Ribadeo, xa hai abondo, pero segue a aumentar. Parece que teremos un final de mandato no concello moi movido.
Aínda que aparece nos papeis con menor desenvolvemento, coido que esto ten máis importancia que outras novas como que os xerentes comarcais esteñan de viaxe nunha xuntanza en Gales, que os pisos (cousa rara) esteñan polas nuves, que as xornadas de patrimonio se centren no feísmo (non fai falla discurrir moito para velo), que o DOG reseñe a valoración das fincas a expropiar para o polígono (260.000€, pouco máis que un piso, o que da que pensar...), que o para moitos entrañable laboral, o actual IES Gamallo Fierros, esteña para cumprir 50 anos, a reiteración da petición dunha estación de carga no polígono que (é de esperar algún día, por fin) se fará, a boa nova dun asesoramento público ós concellos sobre urbanismo (non debe funcionar o actual por parte dos técnicos municipais, polo que parece), ou a recepción da bandeira do barrendeiro ecolóxico (estou tentado a poñer sinxelamente "!"). Novas todas de hoxe máis ou menos, mentras que a curta carta é unha sinal non de hoxe, senón de algo que ven sucedendo tempo atrás e que se proxecta no futuro de Ribadeo, unha degradación da vida social.
A parte, quizáis merecera outro carácter para o seu comentario a marcha da interventora no concello, despois da súa renuncia hai poucos meses a intervir nas contas do Plan Leader, algo que foi tentado de pasar por alto e que foi denunciado políticamente.

20060620

Por algunha razón

Por algunha razón, remato de decatarme de que non aparece o que (coido) publiquei esta mañá. a morte en acto de traballo dun ribadense e as palabras do ministro en Santiago, que se eran por ben, non comprendín, facían o groso do artigo. Ambas novas están nos diarios de hoxe... agora non teño máis tempo.

20060619

Falar e escribir en Ribadeo

Os luns soen ser parcos en novas novas, por eso de que os fins de semana non as hai. Nembargantes, este pasado co estatut xa foi abondo. A victoria do si por preto de catro a un coloca diante dunha nova situación o tema de que é España. Eso din uns. Outros din que pouco cambia no fondo, aínda que nas formas se avance.
Reicardo Varela, conselleiro, pediu en sargadelos e para a costa un urbanismo axustado á realidade... ogallá non sexan outras palabras que caen en saco roto.
Polo momento, ningún terremoto político, parece, e aquí quedamos con cousas máis de preto, como a discrepancia de opinión entre as asociacións de Guardias civís sobre a posibilidade de prestar servicios que lles incumben en principio ós concellos e á policía local. Conviñan que aclararan o tema, non as asociacións de GC, seón entre os concellos e os mandos do corpo. Se non, ó fin, quen sae perdendo son os veciños.
E temas máis da casa son os escritos do alcalde nos medios. Esta fin de semana, unha carta e un artigo embiten respectivamente cunha radio e contra un opositor. Coido que o primeiro, a conta do rexistro de poboadores e os seus datos, ten máis razón que o segundo, sobre o que voltaremos noutro momento e ó que se lle pode aplicar aquelo de 'un é dono do que cala e escravo do que fala', que lembrei ó escoitalo anoite. Lembrei tamén o apoio á manifestación contra o recheo e a propia traizón a si mesmo.
E lembreino tamén, con gosto, para non deixar de aplicarmo a min a conto do queescribo día a día no blog. Foi por eso de que como sucedáneo da fala, a escritura tamén entra no dito, e máis nun blog, no que se fan as cousas en xeral con certa presa e xa tiven que corrixir algunha volta, ou profundizar máis noutras. E foi tamén porque procuro seguilo e falar e calar de xeito equilibrado, ó meu modo de ver (naturalmente, haberá xente que opine de xeito diferente, como xa mo fixeron saber): poderíase dicir de todo moito máis, pero prefiro que completedes vos o blog.

20060617

Bill Gates e Ribadeo. Mellor: Bill Gates e A Mariña

Poder non é querer. Cos dados duna nova d eprensa, resulta que se Bill Gates, o home con máis cartos do mundo, quixera regalar un millón de $ (uns 800.000€) a cada persoa (incluídos nenos de peito) de A Mariña (uns 80.000), podería. El leva ganado de media, contando dende o primeiro día da súa vida, máis que tódolos habitantes de A Mariña xuntos cada un deses días: uns 50$ (40$) cada segundo. Cabe pensar, por exemplo:
1.Se collemos un país do terceiro mundo, a cántos habitantes será equivalente? Non atopo a palabra para calificar a comparación de riqueza; ás veces úsase “obsceno”...
2.Pode manterse que tódolos humanos temos os mesmos dereitos efectivos? Se con diferenzas de riqueza moito menos impactantes estanse a ver diferenzas...
3.Pode manterse unha diferenza tal? Como? En caso contrario, como cambiala?
Poder non é querer. Cos dados duna nova d eprensa, resulta que se Bill Gates, o home con máis cartos do mundo, quixera regalar un millón de $ (uns 800.000€) a cada persoa (incluídos nenos de peito) de A Mariña (uns 80.000), podería. El leva ganado de media, contando dende o primeiro día da súa vida, máis que tódolos habitantes de A Mariña xuntos cada un deses días: uns 50$ (40$) cada segundo. Cabe pensar, por exemplo:
1.Se collemos un país do terceiro mundo, a cántos habitantes será equivalente? Non atopo a palabra para calificar a comparación de riqueza; ás veces úsase “obsceno”...
2.Pode manterse que tódolos humanos temos os mesmos dereitos efectivos? Se con diferenzas de riqueza moito menos impactantes estanse a ver diferenzas...
3.Pode manterse unha diferenza tal? Como? En caso contrario, como cambiala?

20060616

Dando difusión a unha nota de prensa de Adega (2º de hoxe)

Lugo, a 15 de Xuño do 2006

Contestando ao Sr. Alcalde de Ribadeo, sobre a piscifactoría de Rinlo

En relación ás declaracións do Sr. Alcalde de Ribadeo sobre a paralización das obras da piscifactoría do Sr. Álvarez-Cascos, ADEGA quere aclarar o seguinte:
Primeiro: os sucesivos incidentes de medidas cautelares de paralización das obras non foron, en absoluto, de tipo administrativo, -por máis que o tiveramos solicitado reiteradamente-, senón xudicial. Nada ten que ver, polo tanto, a suposta indefinición da Xunta que argumenta o Sr. Alcalde con esta paralización das obras acordada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segunda: No caso da piscifactoría de Rinlo, -e o Sr. Alcalde coñece moi personalmente como teñen sido tomadas as sucesivas decisións ao respecto-, en absoluto tén habido indefinición por parte da Xunta: ben ao contrario, en ningún outro parque de tecnoloxía alimentaria se tén manifestado un apoio administrativo e económico tan importante. Empezando pola declaración de impacto ambiental, a aprobación polo Consello da Xunta do proxecto sectorial, a venta dunha parcela pública a 1 euro/metro cuadrado ou o expediente de caducidade da concesión da cetárea de Vázquez, e continuando pola permisividade da Administración ante unhas obras que se teñen iniciado sen contar coa autorización de Costas para a ocupación da zona de servidume da zona de domino público marítimo-terrestre nen coa concesión e autorización de actividade por parte da Consellería de Pesca e que, a maiores, se estaban a realizar incumplindo o condicionado da declaración e plan de vixiancia ambiental. En todo caso, é ben coñecido o diferente trato da Xunta de Galicia no que respecta a esta piscifactoría de Rinlo en comparación coa de Cabo Touriñán, -e o Sr. Alcalde de seguro que coñece algunha das razóns-, a pesares de que a situación administrativa destas dúas eran completamente idénticas.

Terceira: Non dubidamos que cando alguén demasiado acostumbrado a marcar as decisións da administración se ve obrigado a cumplir coa lexislación se poda sentir indefenso. Mais non pode o Sr. Alcalde alegar a indefensión xurídica do Sr. Álvarez-Cascos, pois, a maiores de contar cun equipo xurídico de seguro que ben pagado, contou, en todo momento, co apoio xurídico e político do seu governo municipal.

Cuarta: En canto á falta de autorización de actividade por parte da Consellería de Pesca en ningún momento a nosa presidenta dixo que a Consellería de Pesca poidera denegar arbitrariamente dita autorización e concesión de actividade. Limitouse a trasladar a realidade xurídica: por imperativo legal, nen esta nen ningunha outra piscifactoría poden ter autorización de actividade, mentras non aporte a disponibilidade de todos os terrenos afectados polo proxecto.

Pola nosa parte, seguimos insistindo na ilegalidade da declaración de impacto ambiental e máis do proxecto sectorial e licencia municipal e, en defensa dun patrimonio natural e paisaxístico que nos pertenece a todos, manifestamos a nosa disposición a continuar os recursos administrativos ata o final. Temos a seguridade de que o administración de Xustiza nos dará a razón.

Por último volver a reiterar que nada temos en contra do Sr. Alvarez-Cascos ou do Concello de Ribadeo. Só reclamamos que a lexislación ambiental de protección de espazos naturais tén que obrigar a todos por igual. Neste sentido, esta nova paralización debera de ofrecer a oportunidade para negociar co promotor un cambio de ubicación: ganamos todos.

ADEGA-LUGO

Ribadeo, o trato da xustiza

Ou non entendo ben ou resulta que en Ribadeo non chega con que a xustiza dictamine, senón que hai que ter forza, seguir insistindo para que se actúe en consecuencia.
Así parece polo tema de actualidade das alturas: a xustiza polo que parece, dictaminou, pero oído que non é xa a primeira vez que conmina ó cumprimento en fronte a uns intereses que parecen grandes en contra, e o concello non se move moito. Se houbo voltas e máis voltas en recursos, non o sei, pero o caso é que a sentencia aínda está por cumprir.
Algo polo estilo pasa no da piscifactoría, aínda que agora está parada, pero onde parece que o concello ten unha posición clara e non neutra respecto da lei, polas súas actuacións ata o momento.
Noutro tema que coñezo de primeira man é aínda peor.
A este paso, cando o sr. alcalde abandoe o concello (sexa cando sexa) os xulgados non o van abandoar de súpeto por deixar de ser representante municipal, senón que seguirán tras del polas actuacións mantidas ó fronte do concello (digamos, pola costume). Esperemos que non se convirta en xeito de gobernar no futuro: eso depende de que os cidadáns deixemos facer ou non, pois está visto que se non protestamos, aquí non se fan as cousas como é debido (anda que non o teño repetido e vai dando a razón xuízo tras xuízo...), e se non levantamos moito a voz, e moi posible que se arrisquen a facelas como lles pete en troques de facelas ben.

20060615

Despois de suspensos, suspendidos

Non me estou a referir a selectividade, senón á piscifactoría de Meirengos, alias de Rinlo. Aínda que as dúas vebas básicas do título teñen o mesmo significado, o de suspensos vai polo que xa había, a presunción datada de que as cousas nonse estaban a facer ben. O de suspendidos, porque entrou en vigor a suspensión que foi obrigado a dictar o concello a raíz do TSJG. Coido que a constancia vale apra algo, aínda que ás veces pase o tempo antes que se faga valer. Véxase o caso do rúído (e eso que acaba de comezar) ou o de Acuinor. Mentras, a selectividade segue estes días, unha selección que pouco ten que ver coa que se practica en Ribadeo cos apoios selectivos do alcalde.
En fin, esta semana ando curto de tempo. Seguiremos a comentar.

20060613

Só unhas palabras que non parecen sobre Ribadeo ...

Remato de leer un titular: a terceira parte da costa mediterránea está construída. esto mentras en galiza comezan as protestas, como amosou Nigrán. Non fan falta máis palabras. Tampouco tiña tempo para dicilas hoxe... pero sempre hai algún tempo para reflexionar.

Probas

Téñome referido xa algunha vez a que os exames de selectividade son algo así como as probas de madurez das sociedades tribais, nas que se fai pasar á xente nova por probas que intentan amosar que están preparados para a vida adulta, coas responsabilidades que eso conleva en cada lugar e tempo. Tamén nesas sociedades se espera a unha certa época ou circunstancias para a proba, tamén as supera a grande maioría da xente (ninguanha sociedade pode permitirse quedarse sen xente considerada adulta), tamén supón unha tensión para os candidatos, etc. Pero eses exames/probas, o mesmo que a selectividade ou a proba de acceso a ciclos formativos (que se realizou onte en parte) sempre son criticadas porque non garanten que logo se 'triunfe' na vida. Comezan a selo xeralmente polas nais, que ven o paso dos seus fillos por probas, sexan do tipo que sexan, como algo que non ven a conto: xa a vida os curtirá de por si. E continuán logo a selo polos propios afectados, outros familiares, e a mesma xente que pon as probas e que non sabe moi ben como facelo doutro xeito, ou que cree sabelo, pero por condicionamentos, mesmo burocráticos, sociais, etc, non pode facelo doutro xeito. O feito é que as probas seguen, e a vida tamén, e que o 'triunfo' nas mesmas non significa o 'triunfo' na vida, senón algo parello ó ingreso noutro tipo de vida diferente á que se levaba ata ó momento. Entre outras cousas, porque triunfar na vida pode significar algo diferente para dúas persoas diferentes, e mesmo para unha persoa en dous momentos diferentes da vida, mesmo en momentos nos que parece que o triunfo, socialmente, é só amasar cartos.
Mentras, unha porcentaxe non desprezable de xente nova (sobre os 18 anos) vai probar mañá que aprendeu cousas e que sabe facer exames. Que é persoa, eso xa é fariña de outro costal. Para eso tamén hai probas, pero son máis difíciles de avaliar e mesmo de saber que son probas para quen as fai.

20060612

Unha desgrazada casualidade en Ribadeo

Onte houbo un accidente en Ribadeo, con feridos, na estrada. É unha casualidade que puido ser desgraza, pois o choque foi frontal, pero conformouse por esta volta con ser cousa de feridos. Os dous vehículos estaban ocupados por xente da Costa do Sol, nun momento no que se discute que veñen promotores de aló comprar para 'urbanizar' a costa de acó.

20060611

Fotos de Ribadeo (as que quedaban da entrada anterior)




Quedaban algunhas fotos por poñer correspondentes á entrada anterior de hoxe, que non cabían...

Ribadeo, novas e obras


Hai varios días recibín un par de novas que non puiden comprobar:
A primeira, que a zona do xardín ('xardín de Sela'), ó convertírese en parque de indianos, vai a perder a arboreda, cambiada por novos árbores, e sobre todo, que está previsto cambiar o seto para trocalo por ... nada. A razón sería que queren potenciar a pradeira. E eu razono: Se quitan o seto, ó estar paseando polo interor do parque, a visión será de coches aparcados. En fin.
A segunda, que a pasada fin de semana tería habido unha inspección de traballo nalgúns pub, e terían caído multas. Repito que non puiden comprobalo. Nembargantes, ocórreseme que se non a fixeron, poden estar preto de facela, pois non teño nova de que a fixeran nunca nos establecementos nouturnos; e, se a fixeron, tamén ten visos de realidade que caeran multas.
As obras en Ribadeo seguen a todo trapo, comezando pola da ponte, se ben esa nótase só en terra, non na zona de pilares na auga.
A outra obra que esta fin de semana é nova é a da fonte da entrada, fronte ó parador. O venres estaban probando os diversos chorros (xa se sabe que é automatizada...) do cadrante que é fonte e non praciña de pedra. O caso é que tamén hoxe vin nunha exposición dun fotógrafo que os do Barça celebraron alí a vitoria do clube, co que máis que presaxio será unha realidade que esa fonte sexa a nosa 'Cibeles', que será tomada periódicamente para celebracións.
Remataron, en apariencia, as obras en Pasarón y Lastra e San Francisco, co que queda inauguralas. Cándo? supoño que antes de algunha elección.
O que parece que non vai polo camiño que debera é correción de obra polo anaco de muralla que se tirou (de non estar equivocado eu na situación): aí van fotos para comparar o grosor da muralla e como quedou a abertura do muro.
Cáseque en frente, a traseira dunha casa debera ser incluída no traballo "Ribadeo falls", pero xa están enviados os exemplares para o depósito legal e hai un exemplar na biblioteca de Ribadeo, polo que quedará senpoñer, o mesmo que quedaron outros edificios ós que tomei fotos despois de dar por finalizado o traballo.
Por último, unhas fotos do cargadoiro. Non necesita mantemento? coido que limpeza de malas herbas, rascado do mirador, pintado, ...

20060609

Rolda de prensa de Adega en Ribadeo. Segunda de hoxe

Unha cousa curta para dar nova da nota de prensa mantida esta mañá en Ribadeo por Adega. Tratábase de dicir que tanto a piscifactoría de Meirengos (Acuinor / A. Cascos) como a de Pescanova en Piñeira non son só inconvintes para a zona, senón tamén consideradas ilegais, e sobre todo, que Adega continuará loitando sen desfalecemento contra esas inconveniencias e ilegalidades que proclama. E esta vez, xuízos e comentarios facédelos vos.

Ribadeo 2006. Promesas incumpridas ou direitamente mentiras?

Coido que hai que distinguir. Unha promesa fáise e tenta de cumprirse. Unha mentira é algo que se di consciente (quen teña dificultades de comprensión, ten un diccionario en liña (o Galizionario colaborativo, irmán da Galipedia), e máis, como o dicionario da CRTVG ou outros aínda...). Onte, na prensa, no interior dunha nova onde se podería dicir moitas outras cousas, decidín coller algo relativamente pequeno (polo reflexo da nova) para comentar. Detectei o que interpreto como mentira, e velaeiquí por que: na campaña electoral, e algunha volta despois, o PSOE dixo que ía estender a vixiancia nouturna da Policía Local ás 24 horas. Pois no último verán de mandato deste equipo de goberno, haberá esas 24 horas de xoves a domingo, e polo tanto, non as haberá de domingo a xoves. E só no verán. Botando contas, e tendo en conta que antes xa había algo de vixiancia nouturna, o cumprimento da promesa, segundo as miñas contas, sendo xeneroso nos cálculos e supostos, queda no 8,33%, (segundo outros supostos, menos da metade, e eso nun período de aumento da poboación efectiva no pobo, por non falar da presencia de turistas) co que de promesa, nada, senón procura consciente da inxenuidade dos cidadáns sen intención real de cumprimento. Súmeselle ó anterior que envíe para Lugo un informe favorable á ampliación de horario dos establecementos nouturnos en calquera día da semana e veráse que non só está esa porcentaxe de cumprimento, senón que ademáis está deixando o pobo máis desprotexido o resto dos días, o que significa acumulación de xente que non ten nada que facer ó día seguinte dando a lata (e outras cousas) ata máis tarde na noite.
Ontes defendín na radio (Onda Cero A Mariña, tertulia dos xoves ás 13:30) que, o mesmo concellal que fixo o anuncio da 'ampliación de servizo nouturno' para este verán, tivera dereito a unha vida privada separada, en contra de quenes dicían que por ter un cargo público tiña responsabilidades especiais. A miña tese era que se fai algo malo como persoa, é unha persoa máis, o mesmo que se fai algo bó: os gobernantes non son seres a parte, senón persoas coma min e coma ti. Nembargantes, se ten responsabilidades especiais na vida privada por feito de ter un cago público, entonces estaremos nunha mixtura que do mesmo xeito, por relatividade e tendencia a igualar os feitos de persoa en tanto individuo e en tanto cargo público, minimizará que por ser cargo público se beneficie de xeito privado. Coido que a miña tese non foi moi ben entendida, pero é así como penso, e remarqueino cando se falou de que o alcalde estaba tratando de amañar que o denunciante retirara a denuncia: paréceme moito máis grave dende o punto de vista de responsabildiade política, pois eso si é o uso dun cargo público para uso privado. Ou é que se o alcalde ten unha xuntanza co denunciante para a retirada da denuncia sobre un feito privado deste concellal, as contrapartidas váinas ofertar por si (por exemplo, a partir do seu propio patrimonio, para que se entenda) e non en razón do cargo que ocupa (é dicir, ofertando favores en outro sentido no concello)?

20060608

Para os inimigos a lei, para os amigos o favor




Onte dixéronme que o título era un dito da época da restauración. Coido que podería ser un dito de hoxe en día, e mesmo diría telo escoitado non hai moito, aplicado á actualidade. Para mín, que non se aplica só ás persoas, senón mesmo ás cousas. As tres fotos de hoxe manifestan, a primeira, un abandono do que non se libra nin a pintura, que falta lle fai e que diría que hai uns meses se dixo que se lle ía dar. A segunda, un ambiente natural que polo momento cúidase só, e que polo tanto está saudable alomenos en apariencia, sen necesidade de 'pintura'. A terceira, sería a dunha parte de 'pintura de conveniencia', que se está a amañar para facer unha ampliación que levo tempo procurando cómo vai ser en definitiva e non dou chegado a se vai a ter posibilidade de paso de bicicletas ou non, por poñer un exemplo, porque os planos non sei onde ir procuralos. O dito, amistades, interesadas ou non, nalgún caso, e noutros, a pura (e dura) lei... Pois estou no camiño de lei suave, pero para todos.
Relacionado co título está a recalificación que sae á luz en Nigrán de terreos propiedade do presidente do Celta. Sen saber máis, parece que pode ser un caso de aplicación o título abondo claro.
Por outra banda, o tem que saíu onte de que hai xente en Galiza que segue a pagar os foros, parece anterior ó dito de título, pois os foros son anteriores. E o pago en mercadoría ten un puntiño de gracia e nova reivindicativa duns velliños que en parte seguen na idade media e en parte entraron de súpeto no século XXI e a globalización.
De calquera xeito, o dos velliños non deixa ser máis que un pequeno descanso curioso o enterármonos hoxe que Rodrigo Rato, o presi español do Fondo Monetario Internacional, nomeou ó gobernador do Banco de España xefe dun novo departamento do propio FMI. Como era aquel, 'quen ten amigos confésase'? (coa interpretación clara de que non importan os pecados cando os escoita un amigo: a penitencia será pequena)
Ben, apliquei o título ás cousas de Ribadeo e ás persoas de fóra. Queda aplicalo ás persoas de Ribadeo, cousa que fago noutras entradas, pero de seguro a ti se che ocorre a súa aplicación ó rematar de ler esto.

20060607

Ribadeo, terra de insultos

Nun pequeno oasis sobre a denominación da ría de Ribadeo parece que hai xente empeñada en buscar, cos seus actos, un novo nome á terra de Ribadeo: terra de insultos. Hoxe aparece nos diarios cómo, o mesmo día que se reúne a xunta de seguridade, o alcalde chama chorizo ('suposto') ó xefe da oposición. Edificante. Refírome para construír un edificio ben estructurado de colaboración e intercambio de ideas. O suposto motivo: que aquel outro dixera que non ían facer declaracións sobre o tema da refriega supostamente mantida por lo concellal de tráfico e seguridade cidadá, alomenos mentras non se pronunciara o xuíz. Non sei que pensará o subdelegado de goberno do asunto cando se poña hoxe na presidencia da xunta de seguridade, pero supoño a vergoña allea, o bochorno, de moitos cidadáns de Ribadeo polo rifirafe verbal subido que está a ter lugar. Pensando en min, despois de múltiples tropezos con diversos alcaldes, non creo que saíra nunca na prensa, dito por min, un insulto non xa de calibre semellante, senón sinxelamente algo que sexa insulto (opinións sobre comportamentos, si, e duras)
E ségueselle a dar voltas, aínda non feito o ascensor de acceso ó porto, a un descenso 'electromecánico' en Os Castros ou en Augasantas. Esperemos que predomine a cordura e non se faga realidade o meter un ascensor nas praias. De seguro acabaríamos axeitándonos, pero é algo que repele de pensalo en frío. Pode que un moderno Leonardo da Vinci poidera facerme variar de opinión, pero mentras tanto... non creo que pague a pena facer un ascensor para conseguir unha bandeira que non é necesaria, e menos se se está pensando en motivos políticos. Igualmente errado considero o tema de plantear o das Bandeiras na UE: non sei se ten competencias ou non, pero se non as ten, non se vai a ningures, e se as ten, o método é xudicial. Doutro xeito, novamente a política se mete por medio, e é un xeito de resolver as cousas, pero se non se fai antes das decisións, despois queda o gusto amargo de 'saqueino adiante porque os que me respaldan teñen máis poder' non de 'saqueino adiante porque era o máis razonable'. calro que así pode que se consiga outro ano o ter as dichosas bandeiras.
Mentres, seguen as obras na autovía, a ponte ten os pilares de terra xa co encofrado suplementario, o polígono está en fase de recepción de alegacións... Federico Mayor Zaragoza falaba onte nun artigo en El País sobre ter presente o futuro nas decisións do presente. Ai!

20060606

Segunda de hoxe. Ribadeo e unha promesa, en galego

Esquecínme antes e por eso esta segunda entrada de hoxe. Entereime onte (cría que polo blog de Mariano, pero comprobo que non foi así) dunha campaña das ciberirmandades da fala en relación a que a web do concello de Ribadeo non esteña en galego. De paso que aviso a todos os que caedes por aquí, paso a avisar á xente do concello (aínda que é de supoñer que xa o saiban :) ). Por certo, se poñedes nun buscador as verbas "campaña Ribadeo web concello" (por exemplo), podedes ter abonda máis información sobre o tema.

Explosión? si, pero suave, de peticións.

A calma cidadá pode virse abaixo por moitos factores. Algúns, vánse construíndo pouco a pouco, mentras outros xorden de súpeto. O xa referido caso de Nigrán foi pouco a pouco, mentras o que se di sucedeu aquí, en Ribadeo, o fin de semana, parecería que sucedera de repennte e sen causa. Vistas as declaracións no periódico, as augas non están claras, e que nunha agresión sexa implicado un concellal e posto de testemuña un garda civil pode resultar mediático, pero nada máis. Que corra a auga, e se clarifique. En particular porque a movida xenera abondos enfrontamentos todas as fins de semana ou case.
Esas explosións poden servir de charla nos bares por parte de xente que ten pouca información, mentras nega a participación de xente máis informada en accións de máis relevancia apra a cidadanía.
É normal escoitar en moitos lugares como se fala sobre a opacidade da administración e as difultades para deixarse oír diante dela, para recabar información ou para exercer os propios dereitos. É normal, nesas charlas, que xurda dun outro xeito a idea dunha administración acéfala e sen rostro en relación á que non se pode turrar e contra a que só cabe desesperarse e rematar por calar.
É normal. Por sorte, estánse a producir novas que poden variar a situación pouco a pouco. Aí está por exemplo, a nova da condena do tribunal superior de xustiza de Andalucía a Chaves, o presidente andaluz, por mor do dereito de petición (art. 29 da Constitución, regulado mediante lei orgánica). O motivo da sentencia fáime lembrar a miña propia situación como persoa que trata de interesarse por temas sociais, e na que tivo influenza a xeración do ruído nouturno. Pois si, foi unha serie de asociacións contra o ruído (en Galiza están dando os seus primeiros pasos) a que interpuxo unha pregunta sobre o tema do botellón, pola cantinela de que o botellón fai chocar o dereito da xente nova a divertirse co dereito ó descanso dos demáis e a confusión que ese pretendido choque de dereitos pretende (esta vez si o pretende). Pois ben, o fallo vai nun sentido doble: os cidadáns teñen o dereito de petición asentado, e polo tanto hai que darlles resposta (coido que o concello de Ribadeo ten algunha petición miña, por escrito, por atender nestes momentos) e información. Por outra banda, tamén quedou claro que o descanso é un dereito fundamental por encima da diversión que plantea a movida.
E sallo ó paso poñendo movida e non direitamente botellón porque a substancia de ambos é a mesma; é máis, a movida de pubs vése fomentada polo botellón, mantendo a xente na rúa ata altas horas, facilitando unha aproximación previa, etc, e rematando, como está demostrado, nalgún local para finalizar unha vez que a hora pode adaptarse ó orzamento previsto pola relación de copas que poden tomarse con el e o tempo ata o cierre de locais.
En fin, non teño máis tempo por hoxe, polo que é previsible que dun xeito ou outro continúe outro día co tema, e máis estando aí a xunta de seguridade, prevista para ¿xoves? De calquera xeito, o novo blog sobre a vida política e social de Ribadeo vai ter traballo, moito.

20060605

Nigrán - Ribadeo

Hai xa unha década que xurdiu a música de 'Port Bou - Saraxevo', da man de Hernán Naval. Daquela tratábase de xuntar a historia final de Walter Benjamin en Port Bou coa sorte que estaba a correr Saraxevo. O ocorrido en Nigrán, a protesta que interrupiu un pleno para que non se aprobara o PXOM, fixome cavilar nun título de comparación con Ribadeo. Collo prestado dun xornal: "O urbanismo é o primiero problema: esta é unha vila sen ordre, construída sen ningún plan. Pero ademáis, esta xente nova necesita traballo, sentirse útil". Non se trata de Ribadeo. Tampouco de Nigrán, senón dunha vila na que xa está feito o dano, na periferia de Paris, onde xurdiu o pasado ano a protesta, a semana pasada a protesta e espérase que en non moito tempo, outra doutra volta a protesta (El País, domingo, p.2). Parecería que comparar un suburbio de París con Nigrán, e este con Ribadeo, é un pouco rizar o rizo. Pero sábese de sobra da influenza do ambiente socioeconómico no desenvolvemento da persoa individual, e son sinxelamente fases as que se percorren, eso si, en cada sitio coas súas características. En París, en xeral en Francia, despois de sublevacións dos suburbios, pregúntanse xa non o por que, que teñen asumido, senón o cómo resolver ese embrollo. En Nigrán a protesta xurdiu, parece, por un favoritismo asumido na aprobación do PXOM en perxuízo dos pequenos, en favor das empresas dun certo tamaño en perxuízo dos pequenos tenedores de chan. En Ribadeo, aínda non hai máis protesta que as faladurías dos bares. Non pretendo poñer Nigrán como exemplo, pois non coñezo abondo a situación para asegurar algo que me gustaría: que é unha protesta dos individuos polo desenvolvemento social (máis ben parece dos individuos para favorecer ós individuos, e por aí váise a un calexón sen saída, contrapoñendo intereses individuais de xente débil contra intereses individuais de menos xente máis forte). Nembargantes, unha protesta veciñal desa magnitude contra o poder político votado significa que os políticos deben lembrar non só que hai votacións cada catro anos e que daquela os votantes poden elixir (o alcalde de Ribadeo dixit) senón que son elixidos para servir ó pobo durante os catro anos e non para comentar a xogada ó final de mandato. E nesa situación estamos en Ribadeo, no comentario da xogada. Por sorte, cousas como as de Nigrán coméntanse e poden expandirse, co toque de atención que representa, aínda coa intervención non desexable contra bens públicos.
E sobre esto último, a destacar que nuns poucos fins de semana se chega (en Ribadeo) a destrozos como os propiciados en Nigrán nas protestas, e ven a conto de que xa caeron vandálicamente as novas árbores de San Francisco, aínda que non saian nos xornais, e tamén de que é previsible que na xunta de seguridade de xoves a declaración fnal é que todo está moi plácido e moi bonito por Ribadeo, incluído todo o posible, e quedano só algún fleco para o verán, no que se aumentará a vixiancia máis ben como prevención.

20060603

Educando, tamén en Ribadeo

Ontes, na casa da Letras, foi presentado 'Plexiflai non foi ó festival', de Eduardo Baamonde. Chamoume a atención dende a presentación do autor por Manuel Fernández. E non tanto polas diversas explicacións sobre a obra, os seus niveis e a súas bondades como por por unha pequena ligazón entre o conto, a súa concepción e a formación da persoa pola relación coa outra xente. Di o autor que neste caso, primeiro foi a ilustración, e logo a concepción dun texto para el, pensando no lector: principalmente, os pais, como intérpretes dunha realidade que representa a ilustración para o lector final, o picariño, porque o libro está destinado para ser lido por calquera, aínda que a apariencia sexa para o seu destino cara ós picariños. E eso chamoume a atención: a petición formal ós pais para que sexa a súa relectura o conto, é dicir, que sexan os pais os guías a través da sociedade alomenos neses primeiros pasos dos pícaros. E eso, nun tempo no que se está perdendo ese aporte xeracional. Ben, pode que sexa unha interpretación miña, pero lembroume á educación, eso que sempre é necesario e cada vez máis, a carón da aprendizaxe, e que ningún pobo pode esquecer. Ó fin, de novo, Ribadeo no pensamento: neste libro, non aparece este pobo coa profusión que no pasado, o de Tantamiga e a súa barriga, pero a aplicación desa pequena ensinanza que se deu na presentación é tan de Ribadeo como de calquera outro lugar: pais e fillos aprendendo xuntos, vivindo xuntos. Ten máis enxundia do que parece. E falando de educación esta volta a nivel Galiza, Hoxe estamos de noraboa un grupo de entusiastas da difusión da cultura en galego: un premio para a Galipedia, o da 'Resaka das Letras'. Pequeno, pero 'matón'. Poden seguir outros. Noraboa á xente que está a levar agora esta iniciativa colaborativa, libre, gratuíta, e cada volta, mellor: a Galipedia

20060602

Estatísticas. Ribadeo tamén?

Ontes foi un día estatísticamente curioso para min. Traía a prensa unha cousa que hai anos non coniderei que fora posible: en Galiza xa se produce máis enerxía por mor do vento (eólica) que pola auga (hidráulica). E eso que somos o país da auga. Claro que estes días tamén o somos do vento, e parece máis doado a comprensión desa estatística.
Pero non foi a única estatística que resultou curiosa: xusto ó día despois de que o blog acadase todo un record de visitas, co 50% máis que no mes anterior, rexistrouse un número que é o menor dos de visitas diarias en día non de fin de semana en moito tempo. E non lle atopo explicación, nin polo tema nin por outras cousas.
Houbo máis cuestións estatísticas, entre elas que asistín tanto a unha celebración por un nacemento como a un enterro, que foi o que me levou a escribir esta entrada. Certamente, estamos preparados apra unhas estatísticas, pero nunca para outras. O que a nerxía eólica esteña tendo un desenvolvemento mellor do esperado é algo ó que un se vai afacendo con tempo, e que saúda. O que se morra unha persoa querida, eso xa costa, enon se afai un nunca. E é que as estatísticas gardan tras de si as historias individuais, e esas poden tocar á xente como ningunha estatística o fai. Citei o caso da morte, pero pasa con todo: aí ven a selectividade, onde non importa que outro ano máis volte a aprobar máis do 80% se a persoa en concreto suspende. Ou que só morra unha persoa en desprazamentos por carretera cada non sei cantos millóns de kilómetros feitos, senón por un despiste morra a persoa con nome e apelidos, concreta, e así sucesivamente. Vivimos nun mundo social, pero a base desa sociedade seguimos a ser as persoas, aínda que moitas veces non se nos conte máis que como estatísticas, para as eleccións, por exemplo. É curioso a este respecto que o que conte sexa a estatística total, pero aínda hoxe se vaia pedindo o voto de xeito individualizado casa por casa. Es en contradicción: as estatísticas fáns a base de individuos.
Por eso hai que tomarse as estatísticas con relatividade e voltar a interpretación de datos concretos para chegar ó humano. En Xove un equipo completo de edís do PP abandoa o partido, e non importa que sexa un grupo para poder metelo como interpretación estatistica ou non: abandoaron o partido e vía. O xulgado arquivou o caso das filtracións polo PXOM, e pode cadrar nas estatísticas sobre xuízos que mantén esta corporación, que xa son abondos, pero volta a ser un caso individual. O alcalde voltou a lembrar os votos para poñer ó PP na oposición: non é a primeira nin seguramente será a derradeira volta que o fai, pero de novo as estatśiticas non teñen moito sentido, aínda que den unha traxectoria continuada do alcalde. Augasantas non terá bandeira azul, e xa case se pode facer estatística co conxunto das praias, pero o caso é a que soa que digan que non ten baixada para minusválidos e que parece ser que non se cite o tema da limpeza, por exemplo. E así sucesivamente, cara ó pasado, no presente e tamén no futuro. Por exemplo, canta xente haberá na manifestación do domingo en Santiago polo medio ambiente? cantos mariñanos e mariñanas acudirán á invitación da coordinadora pola defensa do litoral? e eso, de forma case totalmente independente do sentir da necesidade de defensa que o litoral ten en cada unha das eprsoas da bisbarra.

20060601

Unión Europea? Esa é a bandeira azul de Ribadeo


A bandeira azul con estrelas é distintivo da Unión Europea. A bandeira azul a secas é un distintivo que é concedido ano a ano como galardón para certas instalacións, por exemplo, praias, polos servicios que son capaces de ofertar. Ben, pois Ribadeo, de novo, se queda sen el. E eso que temos Augasantas (As Catedrais) como insignia. Non confío demasiado no criterio de concesión destas cousas, coido que soe estar máis ben orientado a premiar orientacións non das praias senón adxacentes. Nembargantes, debido á proliferación (19 na Mariña este ano), é preocupante o non levalo. Menos mal que no noso Concello, visto dende o parque, segue a pendurar de esquerda a dereita a bandeira galega, a española e a da UE. A pesares da non-constitución e moitos outros jaleos, confío máis na azul coas estrelas que na que non as ten. Si, xa sei que son cousas diferentes; é precisamente por eso polo que confío máis: a da UE representa unha institución na que aínda, para algunhas cousas, podo decantarme, dicir si ou non, facerme ilusións de que son alguén, son persoa, e de que podo evitar manipulacións. A outra, concedida, sin un control nin voto por parte dos cidadáns, quédame máis lonxe e nin como mercadotecnia propagandística a modo de 'lava máis limpo' remata de convencerme. Ben, unha volta dada a miña opinión, mans á obra: convén arranxar as praias mellor para que a súa calidade resalte sen (ou con) galardón. E coido que, coa propaganda de As Catedrais dende a célebre reportaxe na revista, o galardón da bandeira non ten moita importancia pois vénse a elas a mirar máis que a bañar (que tamén, pero de outro xeito, con outra propaganda e coñecemento)
(A imaxe foi deixada na wikipedia por min hai tempo, e pódese coller máis grande na ligazón que poño.)