20060131

Outro mundo é posible: é factible e facémolo





Sabes quen é Pedro Casaldáliga? Pois un bispo que anda polo Brasil e a quen a igrexa (non a Igrexa) deulle abondo de paus por cousas da 'teoloxía da liberación', a pobreza, a ocupación de fincas e demais. Non teño moi claro o comportamento de xente como el en relación á xerarquía, pero o tío loitou e caeme ben. Poisonte leín un artigo del de onde se pode sacar o título, algo así como a 'versión 2 da revolución altermundialista'. 'Esiximos e facemos outra democracia', 'a esperanza só se xustifica nos que camiñan', son outras dúas frases sacadas do artigo, que van moi ben por exemplo co feito de que sábado se celebrara a asamblea do Tesón cunha aprticipación mínima, pero aínda así, tirando apra adiante ó decidir asociarse con outras semellántes, neste caso polo tema do descanso nouturno e ante o ruído que invade ese espazo.
O anterior na liña do que eu penso: por eso, as árbores do parque de Ribadeo, que agora, en inverno, teñen diferente fisonomía que no verán, pero non todos: uns, folla perenne, botan ó mal tempo boa cara, e outros quédanse pelados, epro en todo caso, no verán voltarán rexurdir. As persoas tamén somos algo así, rexurdindo despois do pasado.
Hoxe, novas sobre a cumbre galaico-asturiana: 'parole, parole, ...' o que se pode leer sobre a ría: formarase unha comisión. No meu tempo de novo dicíase que cando queiras non facer nada, nomea unha comisión. Punto. Pero aquí, se non é a un prazo é a outro, van ter que tomar medidas. Esperemos que sexa a curto prazo.
A nivel máis achegado (máis achegado que Galicia-Asturias?) Balbino e Xosé Carlos seguen a darse castaña: non é nova. E agora van multar os cans pola merda no parque e en rúas. Coido que deberan multar a moita xente antes, por merda, por ruídos, por animais. Ou será que comezan polos cans para ensaiar e logo irán polas persoas?. Comezo a desbarrar despois de ver un mínimo das novas de hoxe. É momento de parar.
--
De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

Data:

Fonte: La Comarca del Eo

Título: Lembrando feitos

Autor: Antonio Gregorio Montes

Descrición: Unha das moitas polémicas ás que deu orixe a figura de Hernán, esta vez despois do seu pasamento. Contestación a un escrito do grupo PP no governo municipal de Ribadeo en contra doutro anterior de Suso López.

Comentarios:


O primeiro ano tras as eleccións do 96 foi o da volta a insistencia da Deputación á saídas por diversos concellos, mal pagadas e con pasarrúas, das que se aceptou algunha para tratar de non quedar mal diante do Concello, e a pesar da ben coñecida postura en contra da directiva.

A finais do 96-principios do 97 Amadores publicou o libro conmemorativo do 5º aniversario. Buscando financiación no Concello, díxosenos que acudíramos a unhas axudas da Xunta, que previamente descartaramos por considerar que non cumpríamos as características esixidas. Aínda así, fixémolo. As axudas foron denegadas e só a intervención diante do Alcalde en favor da sociedade fixo posible a concesión dunha cantidade, tras facer mención no libro como colaboradores de entidades da Xunta que se nos dixo que ían axudar.

O primeiro verán post-eleccións foi tamén no que se deu unha situación particular cun concellal do Equipo de Goberno. Este coincidiu a pasar mentres se montaba o palco na Praza de Abaixo e quedou mirando botando pola lingua de xeito que houbo que frenar algunha xente que estaba facendo a montaxe para non chegar a unha pelexa para a que faltou ben pouco. Tres,... a modo de exemplo.

Por outra banda, en relación á Escola, podo falar desde fora, pola relación que tiña co director da banda e por ter fillos alumnos na Escola, pero creo que é un erro tratar de pedir a Amadores que certifique sobre a Escola Municipal como se fai no artigo do día 16, porque non pode nada máis que dar unha versión dende fóra. En fin. Dende o ano 96 o Concello perdeu varias veces a subvención concedida á Escola sinxelamente por non pedila en prazo. Asemade, certamente, cambiou o modo de contratación, co que se puxeron máis impedimentos a facela e complicou a organización e a calidade segundo o director naquel entón. En fin, non entendo como a alguén se lle ocorre preguntar que a ver que cambiou no ano 96, aínda que só sexa por lembrar que foi a partir de aí cando houbo xente que veu a necesidade de facer unha APA para a Escola de Música e as circunstancias de dito nacemento.

Dito o anterior, non me resisto a facer algún comentario a parte, sin entrar en que pasado un tempo poda ou non opinar máis ampliamente sobre os feitos reseñados máis arriba ou outros de dito periodo.

Ben, como dicía, tildar de “amiguiño” a Xesús (por certo, os amigos en confianza chámano Suso) coido que é descoñecer a unha persona coa cabeza moi despexada e con capacidade de elixir, entre outras cousas, ós seus amigos. Pode que non todo o mundo estea de acordo coas súas eleccións, como é natural, pero esa é outra historia.

E “Xesús”, entre outras cousas, no artigo deixa ben claro que o nome de “Hernán Naval” que lle da á Escola é para el (na realidade, non só para el) e non o oficial, polo que sentimentos a parte, a corrección sobre a “Escola de Música Hernán Naval” folga.

Por último, como actual Presidente da APA da Escola Municipal de Música (da que entrei a formar parte da directiva só a comezos deste ano) lembro que segundo os estatutos aínda vixentes, a APA non ten ningunha finalidade electoralista. Ó contrario, ten que velar polo bó funcionamento da Escola pública e non partidista que debe ser a Escola Municipal de Música. Por eso mesmo, e en previsión de feitos, pido deixar á Escola a parte de posibles pelexas políticas.

Ningún comentario: