20051229

Crónica para unha homenaxe



Vai adiante a homenaxe a Suso Peña. Cabe unha reflexión, non de que o mereza senón sobre a diferenza entre homenaxeados e a impronta política e perfil dos mesmos. cabe unha comaración con Gregorio Sanz, Hernán Naval, ... e corresponde facer unha valoración do trabalo realizado en conxunto, na faceta de 'cosntrucción de Ribadeo', etc, para valorar que a iniciativa sexa tomada dende o concello, dende un grupo de amigos, dende unha sociedade... e veráse que, merecéndoo, as perspectivas de homenaxe non corresponden coa realidade e a súa adecuación política.
Pero voltemos ó tema: Suso merece unha homenaxe e váina ter. Na xuntanza de onte foron comisionados José Mª Martínez, Chemi Lombardero, Julia Pardo... para facer unha exposición, tentar de poñerlle nome a unha rúa e facer un monolito na illa Pancha. Irmos vendo.
O concello parece decidido a declararlle a guerra a Portos polo tema da circulación en Mirasol. A boas horas, mangas verdes. De calquera xeito, é cousa de apoiar esa decisión, pero non co motivo utiitario que reclama o alcalde, senón como dereito dos veciños, que é abondo diferente.
Máis novas? Pretenden darlle un aspecto 'social' ó tema do convenio do Concello. Dertamente, todo convenio ten unha parte social, e neste está sen considerar: a parte é que a sociedade do pobo non se beneficia. De calquera xeito, aínda reclamando o aspecto social (dos trabalaldores do concello, que é o que sae nas novas, claro) habería que ver máis factores a favor e en contra, que siguen sen ser tratados nada máis que a nivel impacto informativo. Outra nova máis: ascensor habemus! tras saír da comisión e contar como abstención, parece que imos ter ascenso de baixada/subida a Porcillán. Vénme á cabeza o ascensor lisboeta ó pé do que actuou a banda vai dez anos. Hai moitas posibilidades; unha é esa, pero tamén hai moitas para posibles mamarrachadas: non coñezo o proxecto.
E aínda que non saia na prensa estes días, tamén estou a velas vir co deseño último para a Ponte dos Santos coa autovía. Ando para botarlle un vistazo, pero non sei ónde podo facelo.
As dúas fotos de hoxe, alegoría do alonxamento. Unha vista centrada nun hórreo na carretera a Barreiros dende Ribadeo, e o efecto de movemento das luces na estrada. Ambos fenómenos pasaxeiros, pouco considerados, e nembargantes, cun potencial de beleza segundo como se mire: xa Susan Sontag vai moitos anos rompeu esquemas con 'Against interpretation', libro que interpreto como a liberdade de interpretación dependendo do individuo e a súa traxectoria vital e circunstancias. A toma do hórreo non é bonita, nin o hórreo en si, de ladrillos, o é, pero pode selo (lémbraste cnado de pequeno xogabas no hórreo, que deixaban para tí boa aprte do tempo, e... ponte nnha situación como esa). A das luces non da tempo a considerar se é ou non bonita antes de desaparecer; así, conxelada, non di moito, pero pode chegar a formar estructuras curiosas.
--
Data: 18/05/2001 Fonte: In memoriam-O Son do Pobo abril-xuño 2001, collido de A Voz de Galicia/A Voz da Mariña de 18/05/01
Título: 010518vozdegaliciasande.rtf
Autor: Miguel Sande
Descrición: Nota nostálxica, artigo. Un artigo escrito ó día seguinte do pasamento ó calor dunha amizade.
Comentarios: -Pedido permiso por teléfono o 28/12/05; concedido por delegación, de xeito provisional. Poderá quitarse en calquera momento que sexa requerido.
Unha vez Hernán púxolle música a uns versos de “Sabes que mai quixera ser bailarina”. Fora unha noite especial de cambio de ano. Daquela colaboración quedou para sempre unha amizade. Hernán amaba a música. En Ribadeo visiteino algunhas veces e sempre estaba alí, naquela casa grande da música, abrigado con bufanda entre aquelas paredes frías de inverno e rodeado de pícaros e mozos ós que él lles ensinaba os primeiros sons. Que lle daban calor interior, seguro, o que máis se precia. Hoxe o mellor adeus sería o dunhas simples notas dos seus alumnos. Estou certo. E o silencio dos amigos. Ou berro. E o ar.

Ningún comentario: