20050926

Imaxe típica

Hoxe é o día seguinte á vitoria de Fernando Alonso no mundial, que ten revolucionada á xente. Fai moito máis tempo que tivo lugar a decisión que da lugar á imaxe de árbores pelados no Xardín de Sela: a decisión de cortar as árbores porque tiñan demasiado desenvolvemento. O resultado é que houbo case unha vintena que non deu tirado despois para arriba. E que levan xa anos ben pelados, sen cortiza ou ben con hedra... Pero non é só eso: na imaxe aparece o aparcamento ata na mesma esquina (esta vez, respectando o paso roxiblanco), o lixo xusto na cabeceira do xardín, carteis algo anárquicos, sinais de tráfico provisionais impedindo o paso a unha rúa despois de estar cortado ou semicortado un ano (non lembrades que a paralela a ela leva cortada todo ese tempo, e que o fronte do edificio botou abaixo a rúa?), ... é dicir, moi 'tipical Ribadeo' desta tempada, correspondente coa protesta que se levou a cabo onte coa marcha costeira en contra da factoría de Rinlo-Meirengos. Esperemos que a tempada pase.
No mundo, Polonia veu o día de dereitas tras as eleccións de onte e o Katrina, unha vez desfeito, da un respiro a Bush, que se ve cada vez máis respondido pola xente que se opón á guerra de Iraq, como no seu tempo pasou con Vietnam. Pero o día de hoxe pasará como o do anuncio da deposición total de armas por parte do IRA Irlandés. Será desta?

2 comentarios:

marinho68 dixo...

Diooos, que milagro mais grande, non tés ningún Spamm.
Espero tan só que nunca fagan destrozos, estilo-piscifactoría no voso concello. Para destrozos os do meu exconcello, Barreiros. Despois que se queixen que xa será tarde.

Agremon dixo...

...Espero non telos, polo menos alleos. :-)
Dos propios xa non digo nada. Se esto se convertira nun superventas, ó mellor pagaba a pena o ter un deses que pagan por pulsación...